Que fin de semana!!...,os agasallos ofrecidos pola RULETA DA SORTE non pararon de sair todo o venres e todo o sábado. Sonrisa de orella a orella levou algún rapaz coa súa WII, (e os pais encantados!!!); outros a TV DE PLASMA, unha chea de HOME CINEMA, MICROONDAS, DVD,......e demáis.
Xa queda menos, unha semana para que remate esta campaña de verán e a valoración que se pode facer e satisfactoria, moitos regalos, moita participación e moitas gañas para empezar a traballar na seguinte campaña.
Co ánimo de seguir mellorando na formación de tod@s a asociación de comerciantes de o Carballiño está a traballar na organización dun curso de RR.HH. A idea inicial é que poda comezar o próximo dÃa 28 de setembro e remate o 19 de decembro. O curso terá unha duración de 135 horas.
Máis información nos vindeiros dÃas. Gracias e a participar.
É verdade!!, xa empezou!!, o centro comercial aberto de O Carballiño xa está en marcha. Persoal da asociación de comerciantes xa está a visitar a tódolos soci@s para amosarlle todas as ventaxas de ser socio do mesmo. A acollida como norma xeral é moi boa, todos queren participar e poñerse "ó tanto" no menor tempo posible.
Xa está posta a primeira pedra do centro comercial aberto de O Carballiño. Nos vindeiros dÃas, iranse dando a coñecer os primeiros pasos dados pola Asociación para que todos, todos, empecen a formar parte deste gran proxecto que pouco a pouco vai collendo forma, un proxecto que ten moito traballo por diante, moi demandado por un gran número de socios que queren formar parte del xa dende un principio,e que está ahÃ, a pique de saÃr para formar parte do que será o NOVO COMERCIO na nosa vila.
O coñecemento desta materia por parte de tódol@s traballadores de comercio e empresas, é fundamental para o propio desenrolo do seu traballo.
A Asociación de Comerciantes de O Carballiño segue a traballar a reo polos seus soci@s, por iso, pon en coñecemento de todos eles que tras un convenio feito coa emisora local "Arenteiro Dixital", terán dereito a que os seus negocios gocen de publicidade GRATUITA nesta emisora en todo o ano 2.008.
Para máis información poden chamar ó teléfono.988-27-25-93
Bo comezo da Ruleta da Sorte.
Pasada xa a metade da campaña, é o momento de empezar a valorar as opinións de todos, comerciantes e clientes....coma en tódolos casos as opinións son moi dispares pero sempre con esas crÃticas constructivas que animan a un a seguir, e decir, seguir con todo aquelo que funciona ben, e recibindo esas novas ideas e consellos para mellorar o que tal vez non se chegou a conseguir.
O pasado dÃa 23 de marzo, celebráronse as primeiras eleccions a presidencia da ACC en asamblea extaordinaria. Coma resultado, Adolfo Nogueira Campo, único candidato presentado, acadou o consenso dos asistentes e foi nomeado coma novo presidente da Asociación de Comerciantes do Carballiño. Estas son as suas primeiras impresions.