![]()
“BUSCA O TEU OSCAR”
O vindeiro 17 de Decembro dará comezo a Campaña de Nadal 2010 organizada polo CCA de O Carballiño a cal se prolongará ata o día 5 de Xaneiro de 2011.
A figura de Óscar volve de novo ós nosos establecementos, e co eslogan “Busca o teu Óscar”, ven desposto a repartir 3000€ , en premios, entre os nosos clientes.
Estes premios repartiranse da seguinte maneira:
- Un premio de 1000€
- Dous premios de 500€
- Dez premios de 100€
Os premiados recibirán vales de compra canxeables nos establecementos do CCA. A data límite para facer efectivo o canxe será o día 20 de Febreiro de 2011.
O noso amigo Óscar estará presente nos escaparates de tódolos nosos establecementos e xunto a él, un sobre que conterá un premio.
O funcionamento é moi sinxelo; os clientes recibirán unha papeleta, polas compras realizadas, onde figura un listado co nome dos establecementos pertencentes ó CCA. De entre todos eles, marcaran cunha “X” o nome de 3 locais onde eles pensen que se pode atopa-lo premio de 1000€. Asímesmo, indicarán os seus datos persoais (nome e telf.) e introducirán a papeleta nunha urna.
Ó remate da campaña, recolleranse tódalas papeletas e todas aquelas persoas que acertaran en que local se atopan os 1000€, entrarán no sorteo dos mesmos. O resto das papeletas entrarán no sorteo dos premios de 500€ e 100€. Este sorteo celebrarase o día 14 de Xaneiro de 2011.
“Tanto o Centro Comercial Aberto como a Asociación de Comerciantes e Empresarios de O Carballiño e Óscar, desexámosvos un BO NADAL.


