DÍA DO PAI

Data:16 Marzo- 19 Marzo 2011

O Centro Comercial Aberto do Carballiño entregou máis de 200 fotos na súa campaña do Día do Pai.

En colaboración coa Asociación fotográfica "O Potiños", o día 17 realizáronse fotografías a nenos menores de 14 anos na Praza Maior do Carballiño.

Houbo colas con cativos durante toda a tarde e fixeronse fotografías ata que as condicións de luz o permitiron.

Estas fotos foron entregadas na mesma praza o día 18 xunto cun marco magnético.

Foi unha campaña breve e sinxela pero pero a súa boa aceptación e o interese xurdido noutros que non puideron ser fotografiados xa nos fai pensar en poder repetila para o día da Nai.

 


© 2010 Nubestudio. Drupal theme by Kiwi Themes.