DIA DA NAI 2011

Data:26 Abril- 1 Maio 2011

Debido ó éxito acadado coa campaña realizada para o Día do Pai na que se repartiron máis de 200 fotografías; o Centro Comercial Aberto do Carballiño decidiu darlle continuidade a esta idea e repetila con motivo do Día da Nai.

As novidades nesta nova campaña centraronse na ampliación da marxe de tempo para a realización das fotografías. Un fotógrafo da Asociación Os Potiños prestou a súa colaboración ó longo de dous días (Martes e mércores, 26 e 27 de abril) para que todo o mundo tivera a oportunidade de participar nesta campaña. O éxito quedou garantizado coa entrega, nesta ocasión, de máis de 300 fotografías co seu correspondente marco magnético.

A outra novidade nesta campaña refirese a próxima realización dunha exposición (data e lugar aínda por confirmar) con algunhas das fotografías que se tomaron con motivo a esta campaña do Día da Nai. 


© 2010 Nubestudio. Drupal theme by Kiwi Themes.