Hai tempo xa que o Carballiño Centro Comercial Aberto viña barallando a posibilidade de organizar unha feira de Stocks entre os seus socios.
A finais da campaña de Verán 2010 e contado coa aportación económica da Dirección Xeral de Comercio da Xunta de Galicia puidose facer realidade, e os días 10, 11 e 12 de setembro, un importante número de socios do CCA participaron na 1ª Feira de Stocks que tivo un gran éxito tanto entre os clientes que se comtabilizaron por milleiros, como entre os empresarios participantes que quedaron moi satisfeitos do resultado desta primeira convocatoria.
A clientela puido atopar oportunidades con grandes descontos que ian dende a roupa infantil ata o calzado para nenos e adultos, pasando por florería, ferretería, xoeiría, moda home, moda muller, tapicería do fogar, etc. O Concello do Carballiño tivo tamén un stand no que ofrecía información turística e no seu, o CCA do Carballiño continuou a súa campaña “O CCA recicla, e TI?” na que intercambiou bolsas de plástico por bolsas reutilizables e biodegradables.
O éxito acadado optivo un notable alto, e a demanda tanto dos empresarios como da clientela en xeral, xa se está a estudar a posibilidade de repetir experiencia en anos viendeiros.

