O Centro Comercial Aberto e a Asociación de Comerciantes e Empresarios do Carballiño veñen de pór en marcha a súa campaña de verán " O GAÑA FÁCIL DO VERÁN" na cal se repartirán 3000€ en premios repartidos en 3 premios de 300€ e 21 de 100€.
A campaña comezará o día 24 de xuño e extenderase ata o día 26 de agosto.
Poderán participar neste sorteo tódolos consumidores que realicen as súas compras entre as datas descritas anteriormente nos establecementos pertencentes a estes colectivos.
Os participantes deberán presentar os seus tickets de compra nunha carpa habilitada a tal efecto e que estará na Praza Maior do Carballiño tódolos venres mentres dure a campaña. Estes tickets serán cambiados por papeletas para participar no sorteo.
O sorteo celebrarase o día 3 de setembro na Praza Maior do Carballiño nun evento festivo de Fin de Campaña.
As papeletas estarán depositadas nunha urna da cal se irán extraendo ó azar. Resultará premiada aquela persoa que posúa a papeleta que coincida co número extraído da urna.
É requisito indespensable estar presente no momento do sorteo para poder optar ós premios. Si a persoa que posúa o número que resulte da extracción non estivese presente, esta papeleta quedará anulada inmediatamente e procederase a unha nova extracción.
Só se entragará un premio por persoa.
Só se entregarán os premios ós maiores de 18 anos.

