Data:14 Febreiro- 14 Febreiro 2011
O CENTRO COMERCIAL ABERTO QUÉRETE
O 14 de febreiro, día de San Valentín, é tradición amosar o noso cariño, amizade e amos ós que nos rodean.

O CCA do Carballiño tamén quere demostrar ós seus clientes e veciños ese agarimo e agradecemento pola súa fidelidade ó longo do ano, e ¡que mellor momento que o día de San Valentín!.
E como? Pois da mellor maneira que sabemos; repartindo abrazos a todos aqueles que desexen recibilos. Sen distincións de ningún tipo.
Botaremos a casa pola ventá; encheremos ó Carballiño de canta felicidade nos permitan os nosos clientes con algo que non se pode mercar.......porque o "CCA QUËRETE".

