Entrevista. Adolfo Nogueira Presidente da ACC

adolfo

O pasado día 23 de marzo, celebráronse as primeiras eleccions a presidencia da ACC en asamblea extaordinaria. Coma resultado, Adolfo Nogueira Campo, único candidato presentado, acadou o consenso dos asistentes e foi nomeado coma novo presidente da Asociación de Comerciantes do Carballiño. Estas son as suas primeiras impresions.

A asociación de Comerciantes do Carballiño leva funcionando pouco mais de un ano, neste tempo leváronse a bo porto as diferentes iniciativas da xunta xestora. ¿Como afrontas os vindeiros catro anos?

Pois con ilusión e moitos retos, entre eles facer o comercio do Carballiño un referente na provincia, para o cal é indispensable a unión do noso colectivo.

Estase a preparar unha novidosa e ampia campaña de comercio de cara o verán. ¿Crees que as campañas do comercio son efectivas e que influen na compra no carballiño, ou pola contra o seu efecto e simplemente mediático?

Non creo que teñan unha incidencia inmediata ñas vendas, pero si serven para mellora-la nosa imaxe e acercarnos máis os clientes, co que a longo prazo si repercutirán nos beneficios. 

Coma representante do comercio carballiñes, cales son as carencias básicas coas que vos atopades no dia a dia?

Creo que é imprescindible unha reciclaxe de todos nos e dos nosos establecementos para adecuarnos ó novo tipo de comercio que se está a asentar, informatización, especialización, formación continuada, son imprescindibles para avanzar.

E axudas institucionais?

A verdade é que abondan, pero moitas veces perdense por falla de información, por iso dende a ACC tentamos ter a todos os asociados ó tanto do que vai surxindo e na medida do posible facilitamosile os tramites para acadalas.

Unha das navidades desta nova directiva, foi a posta en marcha da "REVISTA do Comercio do Carballiño". Cales foron as primeiras reaccions?

Penso que altamente positivas, aínda que agardamos seguir millorando e aportando novos contidos de interese para os empresarios da nosa vi la.

Crees que se fai un bo aproveitomento do que a asociación ofrece os afiliados?

Rotundamente non, pensó que moita xente descoñece as posiblidades que este colectivo lies ofrece, por iso animo a todos a que se ponan en contacto con nos e se informen de todas as ventaxas que non están a disfrutar.

Por último, un desexo para os próximos catro anos.

Que O Carballiño, ocupe o lugar preponderante que lie corresponde dentro da provincia, a nivel comercial, turístico, industrial, etc., e que os asociados se sintan orgullosos do noso traballo.