CAMPAÑA RULETA 2008

Bo comezo da Ruleta da Sorte.

Pasada xa a metade da campaña, é o momento de empezar a valorar as opinións de todos, comerciantes e clientes....coma en tódolos casos as opinións son moi dispares pero sempre con esas críticas constructivas que animan a un a seguir, e decir, seguir con todo aquelo que funciona ben, e recibindo esas novas ideas e consellos para mellorar o que tal vez non se chegou a conseguir.

Como soe ocurrir nestes casos os mellores participantes son os máis pequenos, non deixa de ser curioso velos nos parques ou alamedas trocando nas letras para despois ir a buscar o seu agasallo. Todos queren a WII!!!, se a consiguen mellor,e senón tampouco perden de disfrutar con que lles tocou en sorte, camisetas, gorras, colchonetas de praia....

Por outra banda estamos os xa "maiores" que dirían os pequenos, queremos o portátil, a tv de plasma ou un deses regalos denominados "GRANDES" que nos permitan pasar uns días de lecer por diferentes partes do mundo....decir que aínda queda algún dos que todos queremos ser afortunados.

Varios regalos como sets de viaxe se levan xa repartido, microondas, mp3, mp4, cámaras dixitais...e aínda os que faltan.....

Ánimo a todos e a seguir participando. Saudos.