CENTRO COMERCIAL ABERTO DE O CARBALLIÑO

Xa está posta a primeira pedra do centro comercial aberto de O Carballiño. Nos vindeiros días, iranse dando a coñecer os primeiros pasos dados pola Asociación para que todos, todos, empecen a formar parte deste gran proxecto que pouco a pouco vai collendo forma, un proxecto que ten moito traballo por diante, moi demandado por un gran número de socios que queren formar parte del xa dende un principio,e que está ahí, a pique de saír para formar parte do que será o NOVO COMERCIO na nosa vila.

As primeiras ideas que se van tendo dende a Asociación xunto con aportacións e comentarios dos propios socios serían as seguintes:

  • Todo membro do centro comercial aberto, debe ser membro da Asociación de Comerciantes de O Carballiño.
  • Participar cunha cuota mensual de 20 € que incluirá, a cuota da Asociación, o coste inicial de participación nas campañas básicas de promoción que viña organizando a Asociación (Navidade e verán), e que van a pasar a ser organizadas dende o centro comercial aberto.
  • Participar nas campañas e accións promocionais que se acorden realizar na Xunta Directiva e/ou Asamblea Xeral da Asociación.
  • Ter nos establecementos os elementos identificativos e promocionais correspondentes (permanentes e/ou de campaña).

Esperando sexa todo do voso agrado, agardamos a vosa colaboración neste gran proxecto que seguro marcará o comercio de O Carballiño.

Sau2.