Sete inspectores da Consellería de Sanidade vixiarán o cumprimento da nova lei antitabaco na provincia, que prohíbe fumar en tódolos espacios pechados, incluídos bares, restaurantes, discotecas, ademáis dos recintos dos hospitais, colexios de ensino e parques infantís.
Os técnicos realizarán inspeccións diarias, ben por iniciativa propia ou tras recibir denuncias das forzas de seguridade ou queixas dos cidadáns. Ós infractores (fumadores e donos dos locais) seralles aberto un expediente, que rematará con sancións que van dende os 30 ata os 100.000€, dependendo da gravidade dos feitos, si é reincidente, segundo o dito polo Ministerio de Sanidade.
Onte era o primeiro día laborable da aplicación da nova lexislación, que na provincia de Ourense non deixou incidencias, salvo as que protagonizaron algún que outro despistado, que, por costume, encendeu un cigarro cando tomaba algo nun bar, pero que apagou inmediatamente ó se dar conta ou ante a recriminación do camareiro. O acendido de cigarrillos sen darse conta nos bares provocou múltiples chamadas telefónicas ás Forzas de Seguridade e o Servizo de Emerxencias 112 para advertir do incumprimento da lexislación antitabaco. Por outra banda, segundo datos ofrecidos pola Consellería de Sanidade, ningunha das chamadas rematou en denuncia ou apertura dun expediente.
Fonte: La Región

