O CARBALLIÑO

 Carballiño é unha das poblacións principais da provincia de Ourense emprazada a 33km da capital en dirección noroeste.

O Carballiño é capital dunha comarca agraciada. Destaca pola súa gastronomía (memorables son as súas feiras do polbo), agricultura, gandeiría, a súa riqueza en bosques e manantiais termais e de augas minerais e medicinais.

No que se refire ó apartado artístico e monumental, Carballiño tampouco se queda atrás, pois aínda que na propia cidade non hai restos románicos destacables, atópase no centro dunha comarca románica envidiable.

Todos estes alicientes, no seu conxunto, provocaron o auxe económico ó que se sumou o diñeiro dos emigrantes e logo o procedente do turismo. Froito delo, Carballiño, é unha cidade rica, vital e urbanísticamente algo caótica.

 

LUGARES QUE VISITAR

O monumento principal do Carballiño e o máis coñecido é a Igrexa da Veracruz.

Obra do arquitecto Antonio Palacios, edificouse entre os anos 1943 e 1952 seguindo pautas modernistas e históricas.

 

O Templo ten carácter simbólico (reliquia e peregrinación) e urbanística (espazo e perfil arquitectónicos). O primeiro que chama a atención é o material empregado. Trátase de granito sen pulir, cun tratamento rugoso das superficies que seguramente intenta enlazar coa arquitectura tradicional e incrementar o poder expresivo da pedra, aínda que non vai en consonancia coa arquitectura relixiosa medieval e moderna onde o granito é cortado, escuadrado e pulido con pulcritude como en poucas partes do mundo ( non en vano os canteiros ourensáns foron e son célebres no mundo).

Estéticamente, a Igrexa da Veracruz do Carballiño, emprega linguaxes formais propios do prerrománico e gótico e tamén da arquitectura militar medieval, pero todo elo reinterpretado con liberdade e orixinalidade. Combinánse con total fantasía, rosetóns calados, pórticos e ábsides de estética románica, estructuras almenadas, ventanais de arcos apuntados e ferraduras con celosías, etc.

A súa estructura concíbese como unha nave alargada de penetración procesional pola que se chega a un corpo de pranta centralizada con deambulatorio e capelas. En total a igrexa ten 24 portas.

Posúe unha altísima torre de máis de 50 metros de altura sobre n nártex que da cobixo a entrada principal. Este campanario sorprende polo remate en torrecillas almenadas e na súa estructura valdeira comunicada co exterior mediante enormes arcos agudos que cobixan aximeces e trecerías elípticas.

  

BARRIO DE FLORES  é o berce da vila. Nel naceu no século XVII a feira do Carballiño, creada polos fraliles do Mosteiro de Oseira. Chégase a este barrio pola rúa que bordea a man dereita a casa do Concello. Nel atopamo-la Fonte de Flores, construída en 1890, a cal ata os anos 60 foi o manantial máis empregado polos habitantes.

 

 

PRAZA MAIOR na que perduran, aínda, construcción do século XIX e principios do século XX.

GRAN BALNEARIO DO CARBALLIÑO comparte dende 1861 o poder curativo das súas augas convertíndose, así, nun dos balnearios de augas mineiro-medicinais máis prestixiosos.

Foi refuxio e lugar de descanso e inspiración de persoaxes tan ilustres como a escritora Dona Emilia Pardo Bazán, que o escolleu para escribi-la obra "El Cisne de Villamorta".

A saúde dos hóspedes é a meta do balneario. Por elo, cando médicos como o doutor e catedrático da facultade de Meiciña de Madrid, D. José Román y Rouger, confirma que tras examinar a miles de enfermos que foron tratados coas augas do balneario do Carballiño, éstes mostran unha curación clínica de numerosos procesos hepáticos e outras enfermidades, isto enchenos de orgullo.

  

PASEO FLUVIAL RIO ARENTEIRO que vai dende o nacemento do río ata a súa desembocadura en Boborás podendo percorrerse na súa totalidade (33km). Entre os elementos máis destacables que nos ofrece este percorrido atopamo-la Piscifactoría, o Muiño do Anxo e Muiño das Lousas, que nun principio foi unha central eléctrica para, posteriormente, converterse nun muiño e na actualidade converterse nunha cafetería cunhas vistas admirables.

     

Pero non só a vila do Carballiño nos deixa lugares que visitar; toda a súa comarca está chea de cultura, edificacións seculares, entornos naturais nos cales mergullarse. Mellor mostralo con imaxes.

  

FESTAS E GASTRONOMÍA DO CARBALLIÑO`

Festas do Setembro

En honra de San Cibrán, patrón da vila, estes festexos prolónganse ó longo de 5 días cheos de actividades.

Grupos de gaitas, charangas, actuación de orquestras, grupos de actualidade, todo amenizado con actividades tanto para maiores como para cativos.

Cabe destacar a tirada de fogos de artificio como un dos actos máis representativos destes festexos.

Festa do Pulpo

Considerada de Interese Turístico dende 1969, celébrase cada segundo domingo do mes de agosto.

Decenas de miles de persoas acoden cada ano a esta romería considerada como unha das manifestacións gastronómicas máis importantes de Galicia; pulpo acompañado do afamado pan de Cea e regado cos caldos do Ribeiro fan desta unha festa gastronómica por excelencia.


© 2010 Nubestudio. Drupal theme by Kiwi Themes.