Campañas

ESTE NADAL ESQUECETE DA CRISE

XA ESCOMENZOU A NOVA CAMPAÑA DE NADAL DO CENTRO COMERCIAL ABERTO

DO CARBALLIÑO,  ARREDOR DE 100 ESTABLECEMENTOS PARTICIPAN NESTA

CAMPAÑA QUE REMATA A DIA 20 DE DECEMBRO DE 2008.

ESTA CAMPAÑA CONTA CON PREMIOS POR VALOR DE 5.000 €, REPARTIDOS NUN

PREMIO DE 3.000 € EN VALES DE COMPRA E 20 PREMIOS DE 100 € EN VALES DE

COMPRA.

O SORTEO REALIZARASE O DIA 20 DE DECEMBRO PERANTE NOTARIO NA SEDE DA

ASOCIACION DE COMERCIANTES DO CARBALLIÑO.

CADA DÍA MÁIS!!

Cada día somos máis!!, o centro comercial aberto de O Carballiño segue a medrar e xa é unha realidade....90 son os establecementos anotados xa neste novo proxecto que comezará a tomar forma este día 12 e 13 de setembro día da súa presentación.

Son moitas as ilusións postas nesta nova andaina tanto pola directiva como polos propios soci@s, trátase dunha iniciativa que cambiará definitivamente o comercio de O Carballiño.

FESTA O 12 E 13 DE SETEMBRO!!!

Os vindeiros días 12 e 13 de setembro terá lugar na Praza Maior do Carballiño unha festa para os pequenos da vila e para todos aqueles que queiran participar nela. Trátase dunha festa na que se pechará a campaña de vran e darase a coñecer o CENTRO COMERCIAL ABERTO DE O CARBALLIÑO, este feito esperamos que marque o comercio da vila nos próximos anos desexando ser un referente de calidade en todo o relacionado co comercio.

FIN DE SEMANA DE REGALOS!!

Que fin de semana!!...,os agasallos ofrecidos pola RULETA DA SORTE non pararon de sair todo o venres e todo o sábado. Sonrisa de orella a orella levou algún rapaz coa súa WII, (e os pais encantados!!!); outros a TV DE PLASMA, unha chea de HOME CINEMA, MICROONDAS, DVD,......e demáis.

Xa queda menos, unha semana para que remate esta campaña de verán e a valoración que se pode facer e satisfactoria, moitos regalos, moita participación e moitas gañas para empezar a traballar na seguinte campaña.

EN MARCHA O CENTRO COMERCIAL ABERTO

É verdade!!, xa empezou!!, o centro comercial aberto de O Carballiño xa está en marcha. Persoal da asociación de comerciantes xa está a visitar a tódolos soci@s para amosarlle todas as ventaxas de ser socio do mesmo. A acollida como norma xeral é moi boa, todos queren participar e poñerse "ó tanto" no menor tempo posible.

CENTRO COMERCIAL ABERTO DE O CARBALLIÑO

Xa está posta a primeira pedra do centro comercial aberto de O Carballiño. Nos vindeiros días, iranse dando a coñecer os primeiros pasos dados pola Asociación para que todos, todos, empecen a formar parte deste gran proxecto que pouco a pouco vai collendo forma, un proxecto que ten moito traballo por diante, moi demandado por un gran número de socios que queren formar parte del xa dende un principio,e que está ahí, a pique de saír para formar parte do que será o NOVO COMERCIO na nosa vila.

CAMPAÑA RULETA 2008

Bo comezo da Ruleta da Sorte.

Pasada xa a metade da campaña, é o momento de empezar a valorar as opinións de todos, comerciantes e clientes....coma en tódolos casos as opinións son moi dispares pero sempre con esas críticas constructivas que animan a un a seguir, e decir, seguir con todo aquelo que funciona ben, e recibindo esas novas ideas e consellos para mellorar o que tal vez non se chegou a conseguir.

Distribuir contido